05 diciembre 2010

E O GAÑADOR É.......A BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA!!!

A nosa banda capitaneada polo mestre Rafa Agulló Albors, alzouse co primeiro premio e mención de honra na Sección Primeira no 39 Certamen Villa de Altea, dotado con 8.000 euros. Obtivemos 545,30 puntos sobre un máximo de 600 tras unha brillante actuación, que foi tildada de "espectacular", e incluso Óscar Navarro, autor da peza Libertadores, durante a retransmisión en directo do concerto, indicou que "se...

29 noviembre 2010

ÚLTIMO PASE ANTES DA VIAXE A ALTEA!

A nosa banda xunto coa de Lalín ofrecemos o día 28 de novembro no auditorio da Semana Verde de Silleda un recital preparatorio para o concurso no certame internacional Villa de Altea (Alicante). Interpretamos o programa co que acudimos ao certame alteense o día 4 de decembro, concurso considerado un dos máis prestixiosos do mundo! e que celebreu este ano a súa trixésimo novena edición. Participamos...

16 julio 2010

IV Festival Hispano-luso de bandas de música y ensembles de viento (Zamora)

Despois de actuar durante os últimos días en Coia (Vigo), Escuadro (Silleda) e nas Festas do Verán de Silleda, a banda participará o vindeiro domingo 18 no IV Festival Hispano-Luso en Zamora. Podedes atopar o detalle da programación deste evento na web do Ayuntamiento de Zamora, ou na seguinte nota de prensa: Diez formaciones participan este año en el IV Festival Hispano-luso de bandas de música y ensembles de...

28 junio 2010

Así foi o Día Internacional da Música

Non podemos deixar de agradecer o traballo de tódolos que colaboraron para que o Día Internacional da Música que celebramos en Silleda o pasado sábado fose un rotundo éxito, e unha demostración de traballo en equipo entre pais, alumnos, mestres, músicos, Asociación de Amigos da Banda, empresas colaboradoras e afeccionados en xeral. É moi gratificante comprobar como o noso proxecto xa é un proxecto colectivo do pobo de...

25 junio 2010

Presentación do Día Internacional da Música en Silleda

No seguinte link podedes atopar a información da presentación ós medios do Día Internacional da Música, según La Voz de Galicia: La Banda Municipal acerca el día 26 por tercer año consecutivo las músicas del mundo a los silledense...

16 junio 2010

Día Internacional da Música 2010

No ano 1982, o entonces ministro de cultura do noso país veciño, Francia, decidiu crear unha festa na que a música saíra á rúa. Máis tarde convertiuse nun evento a nivel europeo e internacional, celebrándose na actualidade en máis de 100 países. O 21 de xuño ten lugar o solsticio de verán, unha data sinalada sobre todo para os países do Norte de Europa, impregnada dun carácter máxico. É o día no que o Sol se deixa ver durante máis tempo e é por isto, que ó longo da historia realizáronse unha serie de rituais relacionados...

20 mayo 2010

HOTEL SPA OCA KATIUSKA

Nesta ocasión non falaremos de música, senón que queremos recomerdarvos un lugar de visita obrigada en Silleda. Trátase do Hotel Spa Oca Katiuska****, no que atoparedes tranquilidade, ambiente agradable e instalacións inigualables. Ademáis, colabora de xeito permanente coa nosa agrupación, patrocinando o programa de actividades da Banda. ...

18 mayo 2010

Campaña de colaboración Neumáticos Tato

Hoxe trasladámosvos a campaña de colaboración que Neumáticos Tato, un dos mais fieis patrocinadores da nosa programación, está a levar a cabo durante 2010:Neumáticos Tato cederá á Banda de Música Municipal de Silleda o 0,7% da facturación que os membros da mesma e os socios da Asociación de Amigos da Banda realicen nas súas instalacións. Ademais terán dereito ós seguintes servizos exclusivos:•...

16 mayo 2010

Melodías entre amigos

Así o veu o Faro de Vigo: melodías entre amigos. Moitas grazas a tódolos socios, particulares e empresas, e de xeito moi especial ós membros da Xunta Directiva da Asociación de Amigos da Banda, polo seu apoio e traballo constan...

11 mayo 2010

Concerto de Socios

O vindeiro sábado 15 de maio, no Auditorio da Feira Internacional de Galicia, terá lugar o tradicional Concerto de Socios. Actuará a Banda Xuvenil de Silleda e a Banda de Música Municipal de Silleda. Como sempre, será unha homenaxe especial a tódolos integrantes (particulares e empresas) da Asociación de Amigos da Banda de Silleda.  Contamos con vo...

03 mayo 2010

O mago músico

Aínda que cun lixeiro retraso, queremos felicitar a través deste blog ó noso director polo seu cumpreanos. E facémolo utilizando a carta que foi publicada o pasado venres na prensa local, na que Xosé L. Frade recolle de xeito emocionante e certeiro o que todos os que o coñecemos sentimos polo extraordinario profesional e mellor persoa que é Rafa Agulló: Desde hai catro anos está vivindo entre nos unha excelente persoa que se podía cualificar como máxica. Entregado e bondadoso. O seu mundo é a música, idioma...

20 abril 2010

Crónica do Festival de Bandas Xuvenís

Para aqueles que non puidestes asistir o pasado domingo ó Festival de Bandas Xuvenís, remitímonos á crónica que do mesmo publicou Faro de Vigo: "Segundas partes que sí son buenas". Sobra dicir que estamos extraordinariamente satisfeitos co papel desempeñado polos nosos cativos, coa implicación dos pais e nais, e co traballo impagable de Rafa.  Parabéns a todos!...

13 abril 2010

Programa do Festival de Bandas Xuvenís

BANDA XUVENIL DE VALGA. - COLORS OF THE WIND. A. Menken & S. Schwartz, arr. Frank Bernaerts - CRAZY LITTLE THING CALLED LOVE. Freddie Mercury, arr. Thijs Oud - LAWRENCE DE ARABIA. Maurice Jarre, arr. Alfred Reed - EVERYBODY NEEDS SOMEBODY. The Blues Brothers, arr. Jan van Kraeydonck - COPACABANA. Barry Manilow, Arr. Richard Saucedo Director: Carlos Cabaleiro Lopez  BANDA XUVENIL DE MEAÑO. -CLASSIC MOZART. Colin Cowles -KING ARTHUR. Kees Schoonenbeek 1.- Camelot Castle. 2.- Lancelot. 3.- Guinevere. 4.- Merlin. 5.-...

11 abril 2010

II Festival de Bandas Xuvenís

Cando aínda resoan os ecos do Festival de Bandas, xa se iniciou a conta atrás para unha nova cita coa música en Silleda. Trátase da 2ª edición do Festival de Bandas Xuvenís de Silleda, que terá lugar o vindeiro domingo 18 de abril no Salón Parroquial, e que contará coas seguintes agrupacións:Banda de Música Xuvenil de Valga Banda de Música Xuvenil de Meaño Banda de Música Xuvenil de Silleda Esta actividade levouse...

Máis impresións do Festival de Bandas

Achegámosvos a crónica que as edicións impresas de La Voz de Galicia e Faro de Vigo fixeron do Festival de Bandas. Grazas de no...

04 abril 2010

Impresións do Festival de Bandas

Primeiras impresións despois do Festival de Bandas: o extraordinario nivel das bandas convidadas (Monçao e Salceda), o Auditorio da Feira Internacional de Galicia que se volve a quedar pequeno, e o espectacular e emocianante concerto adicado á música celta que ofreceu a nosa Banda... Faro de Vigo: Música para el recuerdo Moitas grazas a tod...

30 marzo 2010

Presentación á prensa do Festival de Bandas

Onte tivo lugar a presentación ós medios de comunicación do XVII Festival de Bandas de Silleda, que se celebrará o vindeiro sábado 3 de abril.  A continuación atoparedes os correspondentes links: La Voz de Galicia: "La música de Salceda, Monçao y Silleda, la anfitriona, el sábado" Faro de Vigo: "La Banda de Silleda homenajeará en su festival del sábado a Félix Tomé y a José Soto" Recordámosvos que tedes á vosa...

27 marzo 2010

A Escola, de campamento

A Banda de Música Municipal de Silleda e a Escola de Música co patrocinio da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia queren premiar aos alumnos da Escola  ofrecéndolles a posibilidade de asistir ó 2º campamento musical organizado dende Silleda e que terá lugar no Albergue de Gandarío (Sada) os días 29, 30 e 31 de marzo. PROGRAMA 1º DIA: 09:00  SAÍDA DE SILLEDA.10:30 CHEGADA AO ALBERGUE DE GANDARÍO...

Concerto música celta, notas ó programa

Notas ó programa do concerto de música celta que a Banda ofrecerá no Festival de Bandas de Silleda, o vindeiro 3 de abril de 2010, por Rafa Agull...

Gran éxito do Día do Jazz

A celebración do Día do Jazz, no marco do proxecto "Descubrindo novos camiños", foi todo un éxito. Resultou unha extraordinaria xornada de convivencia que comezou cunha recepción a media mañá na Escola de Música de Silleda, e incluíu a realización de obradoiros, proxección de documentais e concerto das escolas participantes (Burela, Estudio-Santiago e Silleda) no salón parroquial. Todo isto, grazas á coordinación e traballo de Rafa Agulló e José Nine. Xa pola noite, cea de confraternidade na que participaron os membros da Banda...

Música silledense para os maias

Pedro Gil, alumno da Escola de Música de Silleda e membro da Banda, ven de ser seleccionado para participar na Ruta Quetzal BBVA 2010, que visitará varios enclaves de México e España entre os meses de xuño e xullo. Enviamos desde aquí a nosa noraboa a Pedro e á organización deste prestixioso proxecto. Nos vos perdades a entrevista publicada no Faro de Vi...

16 marzo 2010

Presentación á prensa do Día do Jazz

No día de onte tivo lugar na Escola de Música Municipal de Silleda a presentación á prensa do Día do Jazz que celebraremos o vindeiro sábado 20 de marzo, no marco do proxecto "Descubrindo novos camiños":     La Voz de Galicia: "La Banda de Silleda acerca a los músicos noveles al jazz"     Faro de Vigo: "La Banda de Silleda organiza unas jornadas sobre el jazz para tres escuelas infantiles" ¡Grazas...

15 marzo 2010

Descubrindo novos camiños: o Jazz

Este ano incorporamos á nosa programación un novo proxecto, encamiñando a profundizar no obxectivo pedagóxico da nosa Asociación: “Descubrindo novos camiños”. A súa razón de ser é dar a coñecer outras tradicións musicais interesantes, á parte da clásica, traballar con xente especializada nestas e desfrutar con outros estudantes que as practican como base para a súa educación. Nesta primeira edición, que terá lugar o vindeiro sábado 20 de marzo, o proxecto está adicado ao jazz e contaremos coa colaboración de varios profesores...

08 marzo 2010

Inma Shara, directora de orquestra

Inma Shara: “Hay pocas directoras de orquesta porque no ha habido modelos de referencia” (elmundo....

02 marzo 2010

Mulleres con batuta

Con motivo da celebración, o día 8 de marzo, do Día da Muller Traballadora, queremos homenaxear a todas aquelas mulleres que ó longo da historia se adicaron á música sen obter o recoñecemento que a súa labor merecía. Para isto facémonos eco dun interesante traballo desenrolado pola equipa docente do CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei) e publicado no blog da súa biblioteca: As mulleres e a música. Mulleres con batuta. Parabéns ós autores, e esperamos que sexa do voso intere...

25 febrero 2010

Benvidos!

Benvidos a este novo Blog oficial da Banda de Música Municipal de Silleda, a través do cal pretendemos estreitar lazos con tódolos afeccionados á nosa música que a diario nos seguen e apoian, pero tamén con todas aquelas persoas e agrupacións coas que nalgún momento tivemos contacto, e con calquera que queira aproveitar este medio para coñecer a nosa actividade e participar dela. Queremos utilizar esta canle para transmitir as actividades, concertos, viaxes, xornadas,... que dende a Banda e a Escola de Música estamos a desenrolar,...

Programación 2010

Avanzámosvos a programación de actividades que levaremos a cabo durante todo este ano, e das cales ampliaremos información no seu momento. Esperamos que sexan do voso agrado e que poidamos contar coa vosa participación.20 de marzo: "Descubrindo novos camiños na música: Día do Jazz en Silleda". Coa participación dos alumnos da Escola de Música de Burela, a Escola Estudio de Santiago e a Escola de Música de Silleda. Xornada de convivencia, audicións, proxeccións e concerto das formacións das respectivas escolas en torno ó jazz,...

09 febrero 2010

O Director (Rafa Agulló)

Rafa Agulló Albors nace en 1982 en Cocentaina (Alicante) onde inicia os seus estudios musicais co saxofón na Unión Musical Contestana, sendo os seus profesores José Pérez Vilaplana, Enrique Torró Insa, Jeremías Sanchís Mojino e José Rafael Pascual Vilaplana. Mais tarde continúa os seus estudios profesionais no Conservatorio Municipal de Banyeres, finalizando en 1995 e obtendo o Premio Extraordinario de fin de grao elemental...

08 febrero 2010

A Escola

A Escola de Música Municipal de Silleda nace no a no 1.995 , debido á crecentre demanda musical existente no concello de Silleda. Na actualidade está baixo  a dirección e organización do mestre D. Rafael Agulló Albors, conta con 100 alumnos e cun profesorado titulado e de excelente calidade, ofrecendo un modelo de enseñanza musical dirixida a toda a poboación de Silleda.  Os seus principais obxectivos son: Dar satisfacción a unha demanda de cultura musical práctica, partindo da base dunha maior realización persoal,...

Curriculum da Banda

A Banda de Música Municipal de Silleda, fúndase no ano 1.888, grazas ao esforzo dun grupo de persoas que quixeron transmitir ao pobo de Silleda o seu sentir pola música, levándoa por toda a xeografía galega, chegando a ser unha das bandas máis recoñecidas da época.      Foron moitos os directores que levaron a batuta desta agrupación, entre os que cabe destacar a Tomás Beteta, Esrnesto Beteta, Francisco Beristain, Antonio Amigo, Waldo Núñez... Desaparece temporalmente no ano 1.977, despois...

Ponte en contacto con nós:

Banda de Música Municipal de Silleda Rúa de Pontevedra, s/n36540 Silleda  (Pontevedra) -  EspañaTeléfonos : +34 986 592 004 / +34 659 001 808 Tamén podes enviarnos un correo a info@bandasilleda.com, entrar na nosa web (www.bandasilleda.com), e na nosa páxina de Facebook. Ver Banda de Música Municipal de Silleda en un mapa más grand...