15 marzo 2010

Descubrindo novos camiños: o Jazz

Este ano incorporamos á nosa programación un novo proxecto, encamiñando a profundizar no obxectivo pedagóxico da nosa Asociación: “Descubrindo novos camiños”. A súa razón de ser é dar a coñecer outras tradicións musicais interesantes, á parte da clásica, traballar con xente especializada nestas e desfrutar con outros estudantes que as practican como base para a súa educación.

Nesta primeira edición, que terá lugar o vindeiro sábado 20 de marzo, o proxecto está adicado ao jazz e contaremos coa colaboración de varios profesores da academia de música moderna Estudio de Santiago de Compostela e coa participación da Escola de Música de Burela, pioneiros no jazz como base para a educación musical.

Durante esta xornada haberá dúas partes diferenciadas. A primeira parte, que será pola mañá e parte da tarde, estará adicada ós alumnos da Escola de Música, con obradoiros, ensaios e concerto, no que se interpretará o repertorio traballado durante toda a xornada:

Parapau (José Nine Cés).
I’ve got a friend in me / Toy Story (Randy Newman).























Everybody Needs Somebody to Love (The Blue Brothers).
Funky (Bob Mintzer).
Oye como va (Tito Puente).



Xa pola noite terá lugar no centro cultural de O Castro unha cea de irmandade dos integrantes da Asociación Cultural Banda de Música de Silleda. Mais tarde, ao redor da media noite, no Pub Vinilo, a Silleda’s Big Band fará un concerto adicado ós anos 80:
  • Miguel Ríos (Bienvenidos).
  • Alaska (Bailando, ni tu ni nadie, no me arrepiento, a quien le importa).
  • Bonney – M (Rivers of Babylon, Daddy cool, Rasputin).
  • Dance Black (It´s raining men, love to love, what a feeling).
  • Abba Silver (Gimme gimme, supertrouper, chiquitita, money y waterloo).
  • Mecano (En tu fiesta me colé, mujer contra mujer, maquillaje, una rosa es una rosa).
  • Antonio Flores (No dudaría).
  • Henri Mancini (Peter gunn).
  • Michael Jackson (Thriller, Billi jean, black or white, wanna be “startin”, bad).
  • Europe (The final countdown).
Como sempre, esperamos que sexa do voso agrado, e contar coa vosa participación.


0 comentarios: