20 mayo 2010

HOTEL SPA OCA KATIUSKA

Nesta ocasión non falaremos de música, senón que queremos recomerdarvos un lugar de visita obrigada en Silleda. Trátase do Hotel Spa Oca Katiuska****, no que atoparedes tranquilidade, ambiente agradable e instalacións inigualables. Ademáis, colabora de xeito permanente coa nosa agrupación, patrocinando o programa de actividades da Banda.






18 mayo 2010

Campaña de colaboración Neumáticos Tato










Hoxe trasladámosvos a campaña de colaboración que Neumáticos Tato, un dos mais fieis patrocinadores da nosa programación, está a levar a cabo durante 2010:
Neumáticos Tato cederá á Banda de Música Municipal de Silleda o 0,7% da facturación que os membros da mesma e os socios da Asociación de Amigos da Banda realicen nas súas instalacións. Ademais terán dereito ós seguintes servizos exclusivos:
• Agasallo seguro por cambio de catro rodas e un mantemento.
• Servizo de entrega e recollida.
Non nos que da máis que agradecer a Neumáticos Tato o seu apoio constante, e animarvos a colaborar nesta campaña.

16 mayo 2010

Melodías entre amigos

Así o veu o Faro de Vigo: melodías entre amigos.


Moitas grazas a tódolos socios, particulares e empresas, e de xeito moi especial ós membros da Xunta Directiva da Asociación de Amigos da Banda, polo seu apoio e traballo constante.

11 mayo 2010

Concerto de Socios

O vindeiro sábado 15 de maio, no Auditorio da Feira Internacional de Galicia, terá lugar o tradicional Concerto de Socios. Actuará a Banda Xuvenil de Silleda e a Banda de Música Municipal de Silleda. Como sempre, será unha homenaxe especial a tódolos integrantes (particulares e empresas) da Asociación de Amigos da Banda de Silleda. 

Contamos con vos!

03 mayo 2010

O mago músico


Aínda que cun lixeiro retraso, queremos felicitar a través deste blog ó noso director polo seu cumpreanos. E facémolo utilizando a carta que foi publicada o pasado venres na prensa local, na que Xosé L. Frade recolle de xeito emocionante e certeiro o que todos os que o coñecemos sentimos polo extraordinario profesional e mellor persoa que é Rafa Agulló:

Desde hai catro anos está vivindo entre nos unha excelente persoa que se podía cualificar como máxica. Entregado e bondadoso. O seu mundo é a música, idioma universal desde sempre, pero máis nestes tempos de incerteza. Ese no que nos refuxiamos as persoas sensibles e que sería recomendable que todos nos mergullaramos nel de cando en vez.
Esta persoa que intento describir xa a coñecemos moitos: naceu aló polo ano 1982 moi preto do Mediterráneo, pasou unha boa parte da súa curta vida aprendendo polo mundo adiante. En Trento (Italia) rematou os Estudos Superiores de Dirección de Bandas. Chegou a Silleda para poñer en práctica todo canto aprendera e fomos moitos os que quedamos engaiolados pola súa sensiblidade, esa que transmite a Banda Música de Silleda en cada actuación.
Segue aprendendo e ao mismo tempo ensinando música, canto,... pero aos que estamos da parte de fóra do ensino musical fíxonos espertar ese sexto sentido, que a miúdo está esmorecido polos axetreos deste mundo no que nos tocou vivir: a sensiblidade. A el debémoslle que os concertos da Banda de Música de Silleda, por longos que sexan, sempre nos parecen curtos porque nos serven de vía para recargar o espírito.
É unha persoa querida e apreciada por todos, en especial polos nenos que con gran respecto e admiración o escoitan, e polos pais porque ven a Escola de Música útil e moi activa desde que el é o director (sen esquecernos do gran esforzo do resto dos profesores) cuxa visualización externa é a Banda Xuvenil; pero non me cabe dúbida algunha que o gran labor de desta persoa na Escola son os valores que os nenos van adquirindo.
Este pequeno mago de gran corazon non se cansa. Prepara cada actividad minuciosa e personalmente, até o último detalle, porque só así os froitos poden ser valiosos e xenerosos. Dáo todo enriba do escenario É capaz de mezclar a música coa paz e transmitir verdadeiras sensacions a todo aquel que escoita a música dirixida por el. Con el aprendemos que hai un Día Internacional da Música, que se poden dar concertos de bandas sonoras de películas, que unha banda pode facer rock, jazz.. e ao mesmo tempo recordar os inicios da música disco con esa magnífica Big-Band composta por excelentes músicos da Banda Municipalde Silleda.
Bueno creo que xa sabedes todos a que mago me refiro, ao director Rafael Agullo Albors, que estos días está de cumpleanos. Moitas grazas e felicidades, Rafa!José L. Frade, pai dun alumno da Escola de Música de Silleda