03 mayo 2010

O mago músico


Aínda que cun lixeiro retraso, queremos felicitar a través deste blog ó noso director polo seu cumpreanos. E facémolo utilizando a carta que foi publicada o pasado venres na prensa local, na que Xosé L. Frade recolle de xeito emocionante e certeiro o que todos os que o coñecemos sentimos polo extraordinario profesional e mellor persoa que é Rafa Agulló:

Desde hai catro anos está vivindo entre nos unha excelente persoa que se podía cualificar como máxica. Entregado e bondadoso. O seu mundo é a música, idioma universal desde sempre, pero máis nestes tempos de incerteza. Ese no que nos refuxiamos as persoas sensibles e que sería recomendable que todos nos mergullaramos nel de cando en vez.
Esta persoa que intento describir xa a coñecemos moitos: naceu aló polo ano 1982 moi preto do Mediterráneo, pasou unha boa parte da súa curta vida aprendendo polo mundo adiante. En Trento (Italia) rematou os Estudos Superiores de Dirección de Bandas. Chegou a Silleda para poñer en práctica todo canto aprendera e fomos moitos os que quedamos engaiolados pola súa sensiblidade, esa que transmite a Banda Música de Silleda en cada actuación.
Segue aprendendo e ao mismo tempo ensinando música, canto,... pero aos que estamos da parte de fóra do ensino musical fíxonos espertar ese sexto sentido, que a miúdo está esmorecido polos axetreos deste mundo no que nos tocou vivir: a sensiblidade. A el debémoslle que os concertos da Banda de Música de Silleda, por longos que sexan, sempre nos parecen curtos porque nos serven de vía para recargar o espírito.
É unha persoa querida e apreciada por todos, en especial polos nenos que con gran respecto e admiración o escoitan, e polos pais porque ven a Escola de Música útil e moi activa desde que el é o director (sen esquecernos do gran esforzo do resto dos profesores) cuxa visualización externa é a Banda Xuvenil; pero non me cabe dúbida algunha que o gran labor de desta persoa na Escola son os valores que os nenos van adquirindo.
Este pequeno mago de gran corazon non se cansa. Prepara cada actividad minuciosa e personalmente, até o último detalle, porque só así os froitos poden ser valiosos e xenerosos. Dáo todo enriba do escenario É capaz de mezclar a música coa paz e transmitir verdadeiras sensacions a todo aquel que escoita a música dirixida por el. Con el aprendemos que hai un Día Internacional da Música, que se poden dar concertos de bandas sonoras de películas, que unha banda pode facer rock, jazz.. e ao mesmo tempo recordar os inicios da música disco con esa magnífica Big-Band composta por excelentes músicos da Banda Municipalde Silleda.
Bueno creo que xa sabedes todos a que mago me refiro, ao director Rafael Agullo Albors, que estos días está de cumpleanos. Moitas grazas e felicidades, Rafa!José L. Frade, pai dun alumno da Escola de Música de Silleda

0 comentarios: