A nosa banda
capitaneada polo mestre Rafa Agulló Albors, alzouse co primeiro premio e mención de
honra na Sección Primeira no 39 Certamen Villa de Altea, dotado con 8.000
euros.
Obtivemos
545,30 puntos sobre un máximo de 600 tras unha brillante actuación, que foi
tildada de "espectacular", e incluso Óscar Navarro, autor da peza
Libertadores, durante a retransmisión en directo do concerto, indicou que
"se lle puxeran os pelos de punta". Aínda hoxe nos emocionamos cando a volvemos a escoitar…
Podédesnos
ver no seguinte video que colgamos en Youtube da peza de Óscar Navarro Libertadores.
Foi un marabilloso día que nunca esqueceremos! Despois de tanto esforzo e traballo valeu a pena! Unha mostra desta victoria inesquecible son as seguintes fotos:
- Faro de Vigo: "Deza certifica su poderío en el trono bandístico"
- Faro de Vigo: "Silleda recibe a los héroes de Altea"
0 comentarios:
Publicar un comentario