25 febrero 2010

Benvidos!

Benvidos a este novo Blog oficial da Banda de Música Municipal de Silleda, a través do cal pretendemos estreitar lazos con tódolos afeccionados á nosa música que a diario nos seguen e apoian, pero tamén con todas aquelas persoas e agrupacións coas que nalgún momento tivemos contacto, e con calquera que queira aproveitar este medio para coñecer a nosa actividade e participar dela. Queremos utilizar esta canle para transmitir as actividades, concertos, viaxes, xornadas,... que dende a Banda e a Escola de Música estamos a desenrolar,...

Programación 2010

Avanzámosvos a programación de actividades que levaremos a cabo durante todo este ano, e das cales ampliaremos información no seu momento. Esperamos que sexan do voso agrado e que poidamos contar coa vosa participación.20 de marzo: "Descubrindo novos camiños na música: Día do Jazz en Silleda". Coa participación dos alumnos da Escola de Música de Burela, a Escola Estudio de Santiago e a Escola de Música de Silleda. Xornada de convivencia, audicións, proxeccións e concerto das formacións das respectivas escolas en torno ó jazz,...

09 febrero 2010

O Director (Rafa Agulló)

Rafa Agulló Albors nace en 1982 en Cocentaina (Alicante) onde inicia os seus estudios musicais co saxofón na Unión Musical Contestana, sendo os seus profesores José Pérez Vilaplana, Enrique Torró Insa, Jeremías Sanchís Mojino e José Rafael Pascual Vilaplana. Mais tarde continúa os seus estudios profesionais no Conservatorio Municipal de Banyeres, finalizando en 1995 e obtendo o Premio Extraordinario de fin de grao elemental...

08 febrero 2010

A Escola

A Escola de Música Municipal de Silleda nace no a no 1.995 , debido á crecentre demanda musical existente no concello de Silleda. Na actualidade está baixo  a dirección e organización do mestre D. Rafael Agulló Albors, conta con 100 alumnos e cun profesorado titulado e de excelente calidade, ofrecendo un modelo de enseñanza musical dirixida a toda a poboación de Silleda.  Os seus principais obxectivos son: Dar satisfacción a unha demanda de cultura musical práctica, partindo da base dunha maior realización persoal,...

Curriculum da Banda

A Banda de Música Municipal de Silleda, fúndase no ano 1.888, grazas ao esforzo dun grupo de persoas que quixeron transmitir ao pobo de Silleda o seu sentir pola música, levándoa por toda a xeografía galega, chegando a ser unha das bandas máis recoñecidas da época.      Foron moitos os directores que levaron a batuta desta agrupación, entre os que cabe destacar a Tomás Beteta, Esrnesto Beteta, Francisco Beristain, Antonio Amigo, Waldo Núñez... Desaparece temporalmente no ano 1.977, despois...

Ponte en contacto con nós:

Banda de Música Municipal de Silleda Rúa de Pontevedra, s/n36540 Silleda  (Pontevedra) -  EspañaTeléfonos : +34 986 592 004 / +34 659 001 808 Tamén podes enviarnos un correo a info@bandasilleda.com, entrar na nosa web (www.bandasilleda.com), e na nosa páxina de Facebook. Ver Banda de Música Municipal de Silleda en un mapa más grand...