Do 15 ao 17 de marzo de 2013 participaremos no Seminario Galego de Dirección de Banda co compositor e director José Rafael Pascual Vilaplana.
Trátase do 2º encontro xa que no primeiro participou a Banda de Música de Catoira e agora tócanos a nós! Neste seminario asistirán 25 alumnos, dos cales 14 participarán activamente e o resto como oíntes. Os alumnos compartirán horas de formación e aprendizaxe co Mestre Vilaplana e tamén coa nosa banda para realizar as clases prácticas que se impartirán na Casa da Cultura e no auditorio feiral.
Algúns dos compoñentes da nosa banda xa participaron noutra ocasión nun curso de dirección co mestre Vilaplana, pero esta experiencia non deixa de ser novidosa xa que é a primeira vez que toda a banda participa nun seminario, así que esperamos estar á altura!
Podedes ver a páxina web de José Rafael Pascual Vilaplana no seguinte link:
0 comentarios:
Publicar un comentario