Este fin de semana vai ser
inesquecible para todos nós. Fomos como ben dixo o mestre Vilaplana os “coelliños
de indias” no seu seminario, porque pasaron pola batuta 14 alumnos, 7 o venres
pola noite e o resto o sábado pola
tarde.
Foi unha experiencia moi enriquecedora
para cada un de nós, e sobre todo un
privilexio seguir as indicacións deste gran director e compositor xa que é impresionante
o que transmite coa sua mirada, cos xestos das mans ou da súa cara.
Quedamos coa sensación de que tiñamos
que ter pagado tamén por asistir ó seminario, aprendimos moitas cousas co mestre,
pero tamén con cada un dos alumnos. Entre as anotacións técnicas que lle facía aos alumnos o mestre
Vilaplana dixo entre outras frases célebres:
“Lo bonito de dirigir es que
cogemos el sonido y lo transformamos en algo vivo”
“La música es como el ying y el
yang, tenemos fortes porque hay pianos, tenemos lentos porque hay allegros… así es la vida”
“Los directores construimos el
sonido, es como si estuviéramos moldeando una figura de barro, por eso la
dirección es fantástica”
Podedes ver a entrevista que fixo o Faro de Vigo ao Mestre Vilaplana no seguinte link:
0 comentarios:
Publicar un comentario