21 abril 2013

XX FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE SILLEDA

Onte celebramos o XX Festival de Bandas de Música de Silleda no auditorio da Semana Verde de Silleda, e para iso contamos coa asistencia da Unión Musical de Valladares. O auditorio volveu a abarrotarse!     A Unión Musical de Valladares, banda invitada, abriu o festival co pasodobre "Escenas del Amor", seguido da suite "Capriccio Espagnol", a obertura "L´italiana in Algeri" e a jota "¡Viva...

07 abril 2013

"A BANDA DE SILLEDA, SINTONÍA DUN POBO"

Hoxe no Faro de Vigo publicouse un artigo que narra a historia da nosa banda con motivo do 125 aniversario. Neste artigo podemos ler anécdotas así como reflexións de músicos "veteranos" coma José Suárez, José Costoya ("Vilar") e José Villaverde.   Queremos facer unha mención especial a "Vilar", "Suárez", Remigio Montoto e José Villaverde xa que durante meses axudáronnos a identificar...

23 marzo 2013

PRESENTACIÓN AUTOBÚS OFICIAL DO 125 ANIVERSARIO

Hoxe na nave do polígono de Silleda da empresa Cuiña presentamos o autobús oficial do 125 aniversario da banda.    Nestes 125 anos de historia pasaron moitos músicos e directores que deixaron unha pegada imborrable, pero hoxe tócalle o turno á empresa Cuiña, que dende moitos anos nos acompaña alá onde imos. O autobús desta empresa familiar, que hoxe é un referente en...

17 marzo 2013

GRAN FIN DE SEMANA CO MESTRE VILAPLANA

Este fin de semana vai ser inesquecible para todos nós. Fomos como ben dixo o mestre Vilaplana os “coelliños de indias” no seu seminario, porque pasaron pola batuta 14 alumnos, 7 o venres pola noite e o resto o sábado pola  tarde. Foi unha experiencia moi enriquecedora para cada un de nós, e sobre todo  un privilexio seguir as indicacións deste gran director e compositor xa que é impresionante o que...

10 marzo 2013

SEMINARIO CO MESTRE VILAPLANA

Do 15 ao 17 de marzo de 2013 participaremos no Seminario Galego de Dirección de Banda co compositor e director José Rafael Pascual Vilaplana.         Trátase do 2º encontro xa que no primeiro participou a Banda de Música de Catoira e agora tócanos a nós! Neste seminario asistirán 25 alumnos, dos cales 14 participarán activamente e o resto como oíntes. Os alumnos compartirán horas de...

03 marzo 2013

A BANDA DE SILLEDA CUMPLE 125 ANOS

Onte fixemos a presentación en rolda de prensa  da programación de actividades que ofreceremos con motivo da celebración do 125 aniversario da nosa banda. O lugar escollido para explicar aos medios todo o que temos organizado para o ano 2013 foi a nosa Escola de Música e estiveron presentes a alcaldesa, Paula Fernández, o concelleiro de Cultura, Matías Rodríguez da Torre, así como antigos integrantes...