30 marzo 2010

Presentación á prensa do Festival de Bandas

Onte tivo lugar a presentación ós medios de comunicación do XVII Festival de Bandas de Silleda, que se celebrará o vindeiro sábado 3 de abril.  A continuación atoparedes os correspondentes links: La Voz de Galicia: "La música de Salceda, Monçao y Silleda, la anfitriona, el sábado" Faro de Vigo: "La Banda de Silleda homenajeará en su festival del sábado a Félix Tomé y a José Soto" Recordámosvos que tedes á vosa...

27 marzo 2010

A Escola, de campamento

A Banda de Música Municipal de Silleda e a Escola de Música co patrocinio da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia queren premiar aos alumnos da Escola  ofrecéndolles a posibilidade de asistir ó 2º campamento musical organizado dende Silleda e que terá lugar no Albergue de Gandarío (Sada) os días 29, 30 e 31 de marzo. PROGRAMA 1º DIA: 09:00  SAÍDA DE SILLEDA.10:30 CHEGADA AO ALBERGUE DE GANDARÍO...

Concerto música celta, notas ó programa

Notas ó programa do concerto de música celta que a Banda ofrecerá no Festival de Bandas de Silleda, o vindeiro 3 de abril de 2010, por Rafa Agull...

Gran éxito do Día do Jazz

A celebración do Día do Jazz, no marco do proxecto "Descubrindo novos camiños", foi todo un éxito. Resultou unha extraordinaria xornada de convivencia que comezou cunha recepción a media mañá na Escola de Música de Silleda, e incluíu a realización de obradoiros, proxección de documentais e concerto das escolas participantes (Burela, Estudio-Santiago e Silleda) no salón parroquial. Todo isto, grazas á coordinación e traballo de Rafa Agulló e José Nine. Xa pola noite, cea de confraternidade na que participaron os membros da Banda...

Música silledense para os maias

Pedro Gil, alumno da Escola de Música de Silleda e membro da Banda, ven de ser seleccionado para participar na Ruta Quetzal BBVA 2010, que visitará varios enclaves de México e España entre os meses de xuño e xullo. Enviamos desde aquí a nosa noraboa a Pedro e á organización deste prestixioso proxecto. Nos vos perdades a entrevista publicada no Faro de Vi...

16 marzo 2010

Presentación á prensa do Día do Jazz

No día de onte tivo lugar na Escola de Música Municipal de Silleda a presentación á prensa do Día do Jazz que celebraremos o vindeiro sábado 20 de marzo, no marco do proxecto "Descubrindo novos camiños":     La Voz de Galicia: "La Banda de Silleda acerca a los músicos noveles al jazz"     Faro de Vigo: "La Banda de Silleda organiza unas jornadas sobre el jazz para tres escuelas infantiles" ¡Grazas...

15 marzo 2010

Descubrindo novos camiños: o Jazz

Este ano incorporamos á nosa programación un novo proxecto, encamiñando a profundizar no obxectivo pedagóxico da nosa Asociación: “Descubrindo novos camiños”. A súa razón de ser é dar a coñecer outras tradicións musicais interesantes, á parte da clásica, traballar con xente especializada nestas e desfrutar con outros estudantes que as practican como base para a súa educación. Nesta primeira edición, que terá lugar o vindeiro sábado 20 de marzo, o proxecto está adicado ao jazz e contaremos coa colaboración de varios profesores...

08 marzo 2010

Inma Shara, directora de orquestra

Inma Shara: “Hay pocas directoras de orquesta porque no ha habido modelos de referencia” (elmundo....

02 marzo 2010

Mulleres con batuta

Con motivo da celebración, o día 8 de marzo, do Día da Muller Traballadora, queremos homenaxear a todas aquelas mulleres que ó longo da historia se adicaron á música sen obter o recoñecemento que a súa labor merecía. Para isto facémonos eco dun interesante traballo desenrolado pola equipa docente do CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei) e publicado no blog da súa biblioteca: As mulleres e a música. Mulleres con batuta. Parabéns ós autores, e esperamos que sexa do voso intere...