23 diciembre 2012

AS POMBAS DE CARBOEIRO

Este ano no concerto de Nadal volvemos a innovar! Desta vez conxugamos a música co teatro, e contamos coa colaboración de Fantoches Baj. O escenario elixido para levar a cabo esta fusión foi o Auditorio da Semana Verde de Galicia o 22 de decembro de 2012.  A historia de As pombas de Carboeiro parte dun feito histórico e real cando o Papa Alexandre II obrigou ao rei Fernando II...

23 junio 2012

FOLKSILLEANDO

O pasado 23 de xuño de 2012 celebramos a V edición do Día da Música tendo como singular escenario a Carballeira das Pedrosas! Desta vez tocou homenaxear a música folclórica galega, rompendo a tónica dos anos anteriores na que "jazzilleamos", "rockasilleamos" ou "cubasilleamos". O pasarrúas a cargo do grupo de gaitas da nosa Escola de Música abriu a xornada, seguido de obradoiros de construción de instrumentos...

08 abril 2012

SILLEDA E COCENTAINA ÚNENSE NO XIX FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE SILLEDA

O pasado 7 de abril de 2012 no auditorio da Semana Verde de Galicia celebramos o XIX Festival de Bandas de Música de Silleda, e foi moi especial porque contamos coa presencia da Unión Musical Contestana (Alacante), que é nada menos que a agrupación na que o noso mestre Rafa se formou e medrou como artista. A estancia da banda alacantina foi moi emotiva polo feito de que Rafa estivo cos seus familiares e amigos e tamén...