05 diciembre 2010

E O GAÑADOR É.......A BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA!!!


A nosa banda capitaneada polo mestre Rafa Agulló Albors, alzouse co primeiro premio e mención de honra na Sección Primeira no 39 Certamen Villa de Altea, dotado con 8.000 euros.


Obtivemos 545,30 puntos sobre un máximo de 600 tras unha brillante actuación, que foi tildada de "espectacular", e incluso Óscar Navarro, autor da peza Libertadores, durante a retransmisión en directo do concerto, indicou que "se lle puxeran os pelos de punta". Aínda hoxe nos emocionamos cando a volvemos a escoitar…


Podédesnos ver no seguinte video que colgamos en Youtube da peza de Óscar Navarro Libertadores.




Foi un marabilloso día que nunca esqueceremos! Despois de tanto esforzo e traballo valeu a pena! Unha mostra desta victoria inesquecible son as seguintes fotos:




Esta foto de Rafa non necesita explicación, só hai que velo! é a viva imaxe do éxito acadado e da felicidade polo traballo ben feito, e ademais na súa terra natal,  Alicante!




Como proba de que o vivido en Altea non foi un soño, adxuntamos os seguintes artigos de prensa:






29 noviembre 2010

ÚLTIMO PASE ANTES DA VIAXE A ALTEA!

A nosa banda xunto coa de Lalín ofrecemos o día 28 de novembro no auditorio da Semana Verde de Silleda un recital preparatorio para o concurso no certame internacional Villa de Altea (Alicante).

Interpretamos o programa co que acudimos ao certame alteense o día 4 de decembro, concurso considerado un dos máis prestixiosos do mundo! e que celebreu este ano a súa trixésimo novena edición.




Participamos na sección Primeira xunto coa Agrupación Musical Senienca (Tarragona),  La Primitiva de RafelBunyol (Valencia) e a Agrupación Musical Santa Cecilia de Tomelloso (Ciudad Real).
Interpretamos como obra obrigada Libertadores, de Óscar Navarro González; e como obras libres o pasodobre Olé! Contrabandistes, de Ramón García i Soler e a obra La Vall de la Murta, de Andrés Valero Castells.


16 julio 2010

IV Festival Hispano-luso de bandas de música y ensembles de viento (Zamora)

Despois de actuar durante os últimos días en Coia (Vigo), Escuadro (Silleda) e nas Festas do Verán de Silleda, a banda participará o vindeiro domingo 18 no IV Festival Hispano-Luso en Zamora.


Podedes atopar o detalle da programación deste evento na web do Ayuntamiento de Zamora, ou na seguinte nota de prensa: Diez formaciones participan este año en el IV Festival Hispano-luso de bandas de música y ensembles de viento en Zamora.

28 junio 2010

Así foi o Día Internacional da Música

Non podemos deixar de agradecer o traballo de tódolos que colaboraron para que o Día Internacional da Música que celebramos en Silleda o pasado sábado fose un rotundo éxito, e unha demostración de traballo en equipo entre pais, alumnos, mestres, músicos, Asociación de Amigos da Banda, empresas colaboradoras e afeccionados en xeral. É moi gratificante comprobar como o noso proxecto xa é un proxecto colectivo do pobo de Silleda que xera unha unión como poucos outros. 

Grazas a todos e grazas ó principal responsable deste éxito: Rafa Agulló.

A continuación, enlazamos a crónica que deste día fixo a prensa:







25 junio 2010

Presentación do Día Internacional da Música en Silleda

No seguinte link podedes atopar a información da presentación ós medios do Día Internacional da Música, según La Voz de Galicia:



16 junio 2010

Día Internacional da Música 2010

No ano 1982, o entonces ministro de cultura do noso país veciño, Francia, decidiu crear unha festa na que a música saíra á rúa. Máis tarde convertiuse nun evento a nivel europeo e internacional, celebrándose na actualidade en máis de 100 países.
O 21 de xuño ten lugar o solsticio de verán, unha data sinalada sobre todo para os países do Norte de Europa, impregnada dun carácter máxico. É o día no que o Sol se deixa ver durante máis tempo e é por isto, que ó longo da historia realizáronse unha serie de rituais relacionados sobre todo coa fertilidade e co sentido de pedir desexos cumpridos. Aproveitando este día, instaurouse, primeiro en Francia, o Día Internacional da Música, data en que cada ano a música sae á rúa para ser escoitada en todos os lugares do mundo.
No noso país son moitos os actos que ano tras ano se celebran para conmemorar este día e este ano a Asociación Cultural Banda de Música de Silleda quere seguir co proxecto comezado no 2008, cando este día estivo adicado á música tradicional galega. O ano pasado celebramos o II Día Internanciónal da Música o 20 de xuño, adicado ó JAZZ; e o vindeiro sábado 26 de xuño terá lugar a 3ª edición coas seguintes actividades durante todo o día:

10: 00 – 11:00 horas: PASARRÚAS A CARGO DO GRUPO DE GAITAS DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA.

11:00 – 13:00 horas: OBRADOIROS
  1. Obradoiro de Construcción de instrumentos.
  2. Obradoiro de Rock.
  3. Obradoiro de Música Activa.
  4. Gymcana Musical.
13:00 – 14:00 horas: CONCERTO DIDÁCTICO A CARGO DA BANDA XUVENIL DE SILLEDA E A COLABORACIÓN DO CONTACONTOS IGNACIO VILARIÑO.

¡O Rock, Unha nova linguaxe musicai!

19:00 – 20:30 horas: FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA.

21:00 – 22:00 horas: CONCERTO DA BANDA DE MUSICA MUNICIPAL DE SILLEDA

22:00 – 24:00 horas: CEA DE IRMANDADE

00:30 horas: ¡FESTA!

20 mayo 2010

HOTEL SPA OCA KATIUSKA

Nesta ocasión non falaremos de música, senón que queremos recomerdarvos un lugar de visita obrigada en Silleda. Trátase do Hotel Spa Oca Katiuska****, no que atoparedes tranquilidade, ambiente agradable e instalacións inigualables. Ademáis, colabora de xeito permanente coa nosa agrupación, patrocinando o programa de actividades da Banda.