11 mayo 2010

Concerto de Socios

O vindeiro sábado 15 de maio, no Auditorio da Feira Internacional de Galicia, terá lugar o tradicional Concerto de Socios. Actuará a Banda Xuvenil de Silleda e a Banda de Música Municipal de Silleda. Como sempre, será unha homenaxe especial a tódolos integrantes (particulares e empresas) da Asociación de Amigos da Banda de Silleda. 

Contamos con vos!

03 mayo 2010

O mago músico


Aínda que cun lixeiro retraso, queremos felicitar a través deste blog ó noso director polo seu cumpreanos. E facémolo utilizando a carta que foi publicada o pasado venres na prensa local, na que Xosé L. Frade recolle de xeito emocionante e certeiro o que todos os que o coñecemos sentimos polo extraordinario profesional e mellor persoa que é Rafa Agulló:

Desde hai catro anos está vivindo entre nos unha excelente persoa que se podía cualificar como máxica. Entregado e bondadoso. O seu mundo é a música, idioma universal desde sempre, pero máis nestes tempos de incerteza. Ese no que nos refuxiamos as persoas sensibles e que sería recomendable que todos nos mergullaramos nel de cando en vez.
Esta persoa que intento describir xa a coñecemos moitos: naceu aló polo ano 1982 moi preto do Mediterráneo, pasou unha boa parte da súa curta vida aprendendo polo mundo adiante. En Trento (Italia) rematou os Estudos Superiores de Dirección de Bandas. Chegou a Silleda para poñer en práctica todo canto aprendera e fomos moitos os que quedamos engaiolados pola súa sensiblidade, esa que transmite a Banda Música de Silleda en cada actuación.
Segue aprendendo e ao mismo tempo ensinando música, canto,... pero aos que estamos da parte de fóra do ensino musical fíxonos espertar ese sexto sentido, que a miúdo está esmorecido polos axetreos deste mundo no que nos tocou vivir: a sensiblidade. A el debémoslle que os concertos da Banda de Música de Silleda, por longos que sexan, sempre nos parecen curtos porque nos serven de vía para recargar o espírito.
É unha persoa querida e apreciada por todos, en especial polos nenos que con gran respecto e admiración o escoitan, e polos pais porque ven a Escola de Música útil e moi activa desde que el é o director (sen esquecernos do gran esforzo do resto dos profesores) cuxa visualización externa é a Banda Xuvenil; pero non me cabe dúbida algunha que o gran labor de desta persoa na Escola son os valores que os nenos van adquirindo.
Este pequeno mago de gran corazon non se cansa. Prepara cada actividad minuciosa e personalmente, até o último detalle, porque só así os froitos poden ser valiosos e xenerosos. Dáo todo enriba do escenario É capaz de mezclar a música coa paz e transmitir verdadeiras sensacions a todo aquel que escoita a música dirixida por el. Con el aprendemos que hai un Día Internacional da Música, que se poden dar concertos de bandas sonoras de películas, que unha banda pode facer rock, jazz.. e ao mesmo tempo recordar os inicios da música disco con esa magnífica Big-Band composta por excelentes músicos da Banda Municipalde Silleda.
Bueno creo que xa sabedes todos a que mago me refiro, ao director Rafael Agullo Albors, que estos días está de cumpleanos. Moitas grazas e felicidades, Rafa!José L. Frade, pai dun alumno da Escola de Música de Silleda

20 abril 2010

Crónica do Festival de Bandas Xuvenís

Para aqueles que non puidestes asistir o pasado domingo ó Festival de Bandas Xuvenís, remitímonos á crónica que do mesmo publicou Faro de Vigo: "Segundas partes que sí son buenas". Sobra dicir que estamos extraordinariamente satisfeitos co papel desempeñado polos nosos cativos, coa implicación dos pais e nais, e co traballo impagable de Rafa
Parabéns a todos!



13 abril 2010

Programa do Festival de Bandas Xuvenís

BANDA XUVENIL DE VALGA.

- COLORS OF THE WIND. A. Menken & S. Schwartz, arr. Frank Bernaerts
- CRAZY LITTLE THING CALLED LOVE. Freddie Mercury, arr. Thijs Oud
- LAWRENCE DE ARABIA. Maurice Jarre, arr. Alfred Reed
- EVERYBODY NEEDS SOMEBODY. The Blues Brothers, arr. Jan van Kraeydonck
- COPACABANA. Barry Manilow, Arr. Richard Saucedo

Director: Carlos Cabaleiro Lopez 


BANDA XUVENIL DE MEAÑO.


-CLASSIC MOZART. Colin Cowles
-KING ARTHUR. Kees Schoonenbeek
1.- Camelot Castle.
2.- Lancelot.
3.- Guinevere.
4.- Merlin.
5.- Excalibur.
-LARGO AND FINALE. A. Dvorak (Temas da Sinfonía do Novo Mundo)
-SOLDIER'S MARCH. R. Schumann (Tema do Album da Xuventude)
-CHU-CHU-CHU, CHA-CHA. Warren Barker

Director: David Fiuza Souto.


BANDA XUVENIL DE SILLEDA.


-1888 (Marcha). Juan Lois Diéguez
-TOYLAND SUITE. Ferrer Ferrán
• Muñecos y marionetas.
• La casita de muñecas.
• El Tren.
• El Soldadito de Plomo.
-A DAY AT THE CIRCUS. James Curnow
I. Fanfare.
II. The Grand Entry.
III. Acrobats and Aerialist.
IV. The Clowns.
V. The Human Cannonball.
VI. Menagerie.
VII. The Final.


Director: Rafa Agullo Albors

11 abril 2010

II Festival de Bandas Xuvenís

Cando aínda resoan os ecos do Festival de Bandas, xa se iniciou a conta atrás para unha nova cita coa música en Silleda. Trátase da 2ª edición do Festival de Bandas Xuvenís de Silleda, que terá lugar o vindeiro domingo 18 de abril no Salón Parroquial, e que contará coas seguintes agrupacións:
  • Banda de Música Xuvenil de Valga
  • Banda de Música Xuvenil de Meaño
  • Banda de Música Xuvenil de Silleda
Esta actividade levouse a cabo por primeira vez a ano pasado, actuaron as formacións xuvenís de Bandeira, Merza e Silleda, e encheou o salón parroquial de Silleda de boa música e novas promesas chegadas da varias partes da comarca. A idade dos instrumentistas estivo entre os 6 anos e os 18, o Festival foi presentado por alumnos da Escola de Música Municipal de Silleda e tivo ao remate do mesmo unha merenda para tódolos músicos. 



Máis impresións do Festival de Bandas

Achegámosvos a crónica que as edicións impresas de La Voz de Galicia e Faro de Vigo fixeron do Festival de Bandas.


Grazas de novo!

04 abril 2010

Impresións do Festival de Bandas

Primeiras impresións despois do Festival de Bandas: o extraordinario nivel das bandas convidadas (Monçao e Salceda), o Auditorio da Feira Internacional de Galicia que se volve a quedar pequeno, e o espectacular e emocianante concerto adicado á música celta que ofreceu a nosa Banda...


Moitas grazas a todos!